Lactación Materna: unha resposta vital en emerxencias

  • Ningún lugar é inmune ás emerxencias. Nun terremoto ou un conflito, unha inundación ou unha pandemia de gripe...son situacións nas que a saude e a supervivencia da poboación están en risco. Caracterízanse polo caos, a inseguridade, a escasa hixiene e pouca subministración de auga potable, alimentos, combustible, coidado médicos e albergues.
  • Nestas situacións @s ne@s son os máis vulnerables. A mortalidade infantil pode elevarse de 2 a 70 veces máis que a media por diarreas, enfermidades respiratorias e desnutrición.
  • Ás nais que brindan lactación materna dan aos seus fillos/ás unha alimentación limpa, segura, sostible, que achega auga e protexen activamente os seus fillos/ás das infeccións.
  • A lactación materna é unha intervención que salva vidas e a súa protección é maior para lactantes e nen@s pequen@s, aínda en situacións que non son de emerxencia. Os nenos/ás menores de dous anos que non reciben leite materno, teñen seis veces máis probabilidades de morrer.
  • Durante ás emerxencias, ás nais necesitan do apoio activo para continuar ou restablecer a lactación materna.

Apoiar a lactación materna en períodos fóra de emerxencias fortalece a capacidade dás nais para desenvolverse mellor durante unha emerxencia.

Visite www.worldbreastfeedingweek.org ; www.ennonline.net/ife